fbpx

Inspección Educativa


"A felicidade non é facer o que queiras, senón querer o que faces"

Antoine de Saint-Exupéry. El principito

"La prueba que deberás superar cada día son tus alumn@s, esos pequeños bajitos, verdaderos tribunales de tu trabajo diario, a los que deberás enseñar con tu ejemplo"

Si has llegado hasta aquí, y quieres embarcarte en este mundo opositor; bienvenido. No será fácil, pero te aseguro que merecerá la pena, sea cual sea el resultado, así que dame tu mano y comencemos en esta carrera de fondo que hoy empieza.

"YOUR DREAMS ARE MY JOB"



Fase de Oposición

De conformidade co artigo 44 do Real Decreto 276/2007, do 23 de febreiro, a fase de oposición consistirá nunha proba na que se valorará os coñecementos pedagóxicos, de administración e lexislación educativa adecuados para a función inspectora, así como os coñecementos e técnicas específicas para o desempeño da mesma. Doutra parte, a Orde EDU/3429/2009, do 11 de decembro, aproba o temario da fase de oposición do procedemento selectivo de acceso ao Corpo de Inspectores de Educación. O temario da fase de oposición para as probas selectivas convocadas para o acceso ao Corpo de Inspectores de Educación terá dúas partes claramente diferenciadas: A e B.

A parte A do temario é a que figura no Anexo I desta Orde. Esta parte inclúe temas xerais relativos a cuestións pedagóxicas sobre organización curricular, organización escolar, xestión de centros educativos, administración e lexislación educativa básica, así como as funcións inspectoras, e é idéntica para as distintas convocatorias que realicen as diferentes Comunidades Autónomas.

A parte B do temario é a que figura no Anexo II desta Orde. A estes temas (tamén idénticos para as distintas convocatorias que realicen as diferentes Comunidades Autónomas), as Administracións educativas correspondentes poderán engadir ata un máximo de 20 temas mais. Esta parte inclúe temas de carácter específico que se refiren, entre outras aspectos, ás características propias dos niveles e etapas educativas, ao desenvolvemento curricular e á correspondente metodoloxía didáctica, á organización e administración dos centros e á lexislación propia da Administración educativa que convoca. As diferentes convocatorias estruturan a fase de oposición en tres partes, cada unha ten carácter eliminatorio, e consistirán:

La primera prueba que tiene por objeto valorar los conocimientos específicos del opositor tiene 2 partes que serán valoradas conjuntamente:

  • No desenvolvemento por escrito dun tema referido á parte A do temario, escollido polo aspirante de entre dous extraídos ao azar polo tribunal ou comisión de selección, dos que figuran no Anexo I da Orde EDU/3429/2009, do 11 de decembro, aproba o temario da fase de oposición do procedemento selectivo de acceso ao Corpo de Inspectores de Educación. O tempo para o desenvolvemento deste exercicio escrito será establecido pola comisión de selección (entre un mínimo de dúas horas e un máximo de tres, segundo a correspondente convocatoria). O exercicio poderá ser lido polo aspirante na sesión pública perante o tribunal. Finalizada a lectura, o tribunal poderá formular as preguntas ou aclaracións que considere pertinentes durante un período máximo de 15 minutos.
  • Na exposición oral dun tema escollido polo aspirante, de entre dous extraídos por sorteo polo tribunal ou comisión de selección, de entre os que integran a parte B do temario que figura no Anexo II da Orde EDU/3429/2009, do 11 de decembro, aproba o temario da fase de oposición do procedemento selectivo de acceso ao Corpo de Inspectores de Educación. Nesta proba inclúense os temas que poderán engadir as Administracións educativas correspondentes, ata un máximo de 20 temas mais de carácter específico, que se refiren, entre outros aspectos, ás características propias dos niveles e etapas educativas, ao desenvolvemento curricular e á correspondente metodoloxía didáctica, á organización e administración dos centros e á lexislación propia da Administración educativa que convoca. O aspirante dispoñerá dun período de 20 minutos para a preparación deste exercicio e dun máximo de 60 minutos para a exposición oral. Finalizada a exposición, o tribunal poderá formular as preguntas ou aclaracións que considere pertinentes durante un período máximo de 15 minutos.
  • Na análise dun caso práctico sobre as técnicas adecuadas para a actuación da inspección de educación, que será proposto polo tribunal ou pola comisión de selección. O tempo para o desenvolvemento deste exercicio escrito será establecido en cada convocatoria entre un mínimo de dúas horas e un máximo de tres. O exercicio poderá ser lido polo aspirante na sesión pública perante o tribunal. Finalizada a lectura, o tribunal poderá formular as preguntas ou aclaracións que considere pertinentes durante un período máximo de 15 minutos. Na realización do mesmo, o persoal aspirante poderá consultar a documentación específica que, para este efecto, autorice a comisión de selección.

En definitiva, las diferentes convocatorias estructuran la oposición en un EXAMEN ESCRITO, en la mayoría de las convocatoria suele ser el primer examen consistente en un tema referido a la parte A del temario, elegido por el aspirante de entre dos extraídos al azar, (temas 1-55 comunes para todas las convocatorias autonómicas); OTRO EXAMEN, ORAL, el segundo, salvo en alguna comunidad autónoma, de un tema elegido por el aspirante, de entre dos extraídos por sorteo, de los incluidos en el resto del temario, los 21 comunes a todas las comunidades autónomas y los temas que podrán añadir las Administraciones educativas correspondientes, hasta un máximo de 20; y un último, salvo algunas Comunidades que lo ponen el primero, EXAMEN PRÁCTICO sobre las técnicas adecuadas para la actuación de la ins¬pección de educación. Para superar a proba, os aspirantes deberán obter, en cada parte da mesma, polo menos a metade da cualificación máxima establecida. A puntuación final será o resultado da ponderación do 40% da puntuación obtida na parte 3, e do 30% de cada unha das outras dúas partes.


ban-tem-ie-gal

ban-mat-ie-gal


Fase de Concurso

Nesta fase valoraranse os méritos que acrediten os aspirantes segundo o disposto nas correspondentes convocatorias.

A cualificación da fase de concurso aplicarase unicamente aos aspirantes que superaran a fase de oposición.

Os aspirantes non poderán alcanzar mais de 10 puntos pola valoración dos seus méritos. A cualificación da fase de concurso aplicarase unicamente aos aspirantes que superaran a fase de oposición.

Os baremos que fixen as convocatorias para a fase de concurso estruturaranse en 4 bloques (traxectoria profesional, exercicio como inspector accidental, exercicio de cargos directivos e de coordinación didáctica e preparación científica e didáctica, e outros méritos) coas puntuacións máximas que se establecen nos anexos das diferentes convocatorias. ESTAS PUNTUACIÓNS VARIAN DEPENDENDO DA CCAA NA QUE TE PRESENTES.

Sistema de cualificación

O tribunal avaliará cada unha das partes da proba da fase de oposición de 0 a 10 puntos, e será necesario para a súa superación obter unha puntuación igual ou superior a 5 puntos. A ponderación das puntuacións das fases de oposición e concurso para formar a puntuación global será de dous terzos para a fase de oposición e dun terzo para a fase de concurso.

Superación das fases de oposición e concurso:

Resultarán seleccionados para pasar á fase de prácticas aqueles aspirantes que, unha vez superadas todas e cada unha das partes da proba, e unha vez ordenados segundo a puntuación global das fases de oposición e concurso, teñan un número de orde igual ou menor que o número total de prazas convocadas. Para obter a puntuación global destas fases, a comisión de selección ponderará as puntuacións das fases de oposición e concurso. Desta maneira, corresponderá dous terzos á fase de oposición e un terzo á fase de concurso, e así obterá a puntuación global coa suma de ambas fases unha vez realizadas as ponderacións nomeadas.


Fase de Prácticas

Os aspirantes que resulten seleccionados conforme ao apartado deberán realizar un período de prácticas dirixidas que formará parte do proceso selectivo e que terá como obxectivo comprobar a adecuada preparación para levar a cabo as funcións atribuídas ao corpo de inspectores de educación, sen prexuízo do establecido nas bases das distintas convocatorias sobre exención da fase de prácticas.

A fase de prácticas terá unha duración maior que un trimestre e non superior a un curso académico, e poderá incluír cursos de formación.

Requisitos dos candidatos

Para ser admitido no procedemento selectivo, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

  • Ser maior de idade e non alcanzar, no momento do nomeamento como funcionario de carreira, a idade establecida para a xubilación forzosa dos funcionarios.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das funcións correspondentes ao corpo de inspectores de educación.
  • Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.
  • Non estar condenado por sentencia firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, segundo dispón o artigo 13.5 da Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Axuizamento Civil.
  • Non ser funcionario de carreira en prácticas ou estar pendente do correspondente nomeamento no corpo de inspectores de educación.
  • Estar en posesión do título de Doutor, Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou Graduado, ou título equivalente.
  • Pertencer a algún dos corpos que integran a función pública docente non universitaria.
  • Acreditar unha antigüidade mínima de seis anos como funcionario de carreira nalgún dos corpos que integran a función pública docente non universitaria e unha experiencia docente da mesma duración.
  • Facer efectivo o pagamento da taxa correspondente, agás esteas exento do pagamento da mesma.

Matricúlate agora,
a túa nova vida comeza hoxe!


ACCESO A MATRÍCULA ONLINE

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies