
"Contáronmo e esquecino, vino e entendino, fíxeno e aprendino."
Confucio
A proba que deberás superar cada día son os teus alumn@s, eses pequenos baixiños, verdadeiros tribunais do teu traballo diario, aos que deberás ensinar co teu exemplo"
Se chegaches ata aquí e se te queres aventurar neste mundo opositor, benvido. Non será doado, pero asegúroche que pagará a pena, sexa cal sexa o resultado, así que dáme a túa man e comecemos esta carreira de fondo que empeza hoxe
"YOUR DREAMS ARE MY JOB"

Fase de Oposición
Constará de dúas probas que teñen carácter eliminatorio
La A primeira proba qque ten por obxecto valorar os coñecementos específicos do opositor, ten 2 partes que serán valoradas conxuntamente:
- Parte A: desenvolvemento por escrito dun tema escollido polo opositor de entre dous sorteados entre os do temario.
- Parte B: proba práctica para comprobar a formación científica e o dominio das habilidades técnicas.
A proba valorarase dependendo da CCAA onde te presentes. Os que o logren, pasarán á segunda proba.
A segunda proba ten por obxecto comprobar a aptitude pedagóxica do aspirante e o seu dominio coas técnicas para o exercicio docente, que consistirá en:
- Parte A: Presentación do plan de apoio que fará referencia ao currículo vixente de educación infantil ou primaria.
- Parte B: Preparación e exposición dunha unidade didáctica de tres escollidas ao azar polo tribunal, poderás levar todo o material que desexes. Esta proba se valorará globalmente de cero a dez puntos e necesitarase alcanzar para a súa superación unha puntuación igual ou superior a cinco puntos. Os que o logren, pasarán á fase de CONCURSO.

Fase de Concurso
Os baremos que fixen as convocatorias para a fase de concurso estruturaranse en 3 bloques coas seguintes puntuacións máximas:
- Experiencia docente: máximo 7 puntos.
- Formación académica: máxima 4 puntos.
- Outros méritos: máximo 2 puntos.
Estas puntuacións varían dependendo da CCAA onde te presentes.
Os aspirantes non poderán alcanzar mais de 10 puntos pola valoración dos seus méritos.
Sistema de cualificación
A ponderación das puntuacións das fases de oposición e concurso para formar a puntuación global será dun 60% para a fase de oposición e dun 40% para a fase de concurso.
Superación das fases de oposición e concurso:
Resultarán seleccionados para pasar á fase de prácticas aqueles aspirantes que, unha vez ordenados segundo a puntuación global das fases de oposición e concurso, teñan un número igual ou menor que o número total de prazas convocadas.

Fase de Prácticas
Incluirá un período de docencia directa que terá unha duración maior que un trimestre e non superior a un curso académico, e poderá incluír cursos de formación. Ao remate desta fase, avaliarase a cada aspirante en termos de apto ou non apto.
Adquisición a novas especialidades
A exposición terá dúas partes: a primeira delas versará sobre os aspectos científicos do tema. Na segunda, o opositor deberá facer referencia á relación do tema co currículo oficial actualmente vixente no presente curso escolar na CCAA onde se presente, e desenvolverá un aspecto didáctico do mesmo, aplicado a un determinado nivel previamente establecido polo aspirante.
Finalizada a exposición, o tribunal poderá realizar un debate co candidato sobre o contido da sua intervención.
A exposición e o debate referidos no parágrafo anterior, que serán públicos, terán unha duración máxima, respectivamente, de 45 minutos e de 25 minutos.
O aspirante disporá, polo menos, dunha hora para a preparación e poderá utilizar nela o material que considere oportuno.
Requisitos dos candidatos
Para ser admitido no procedemento de habilitación, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
- • Ser funcionario de carreira do corpo de mestres directamente dependente da Consellería de Educación, Cultura e Deporte. No caso de funcionarios en situación de excedencia voluntaria, dos adscritos a postos de función inspectora e dos adscritos a prazas no exterior ou semellantes, o cumprimento do requisito do destino entenderase referido ao último centro de destino inmediatamente anterior.
- • Posuír o nivel de titulación e os demais requisitos que se exixen para o ingreso libre na especialidade que se pretenda adquirir, agás a acreditación dos idiomas oficiais da Comunidade Valenciana. Estes requisitos deberán posuírse no dia de finalización do prazo de presentación de solicitudes.